CAPÍTULO II. ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN

Artigo 6

A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada pola Directiva e as Vogalías.

A Directiva estará formada polos seguintes cargos

As Vogalías compoñeranse por tantos vogais como seccións ou grupos de traballo se estimen oportunos por parte da Directiva para o correcto funcionamento da Asociación. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán asociados maiores de idade que non percibirán retribución algunha polo desempeño das súas funcións. A designación da Directiva e a súa revogación correrá a cargo da Asemblea Xeral Extraordinaria e a súa duración será de catro anos, salvo no caso dos vogais, cuxa designación, revogación e duración do mandato correrá a cargo da Directiva.

Artigo 7

A Asociación rexerase polo sistema de autogoberno e o principio de representación a través dos seguintes órganos: Asemblea Xeral e Xunta Directiva.

Artigo 8

Os membros da Xunta Directiva poderán causar baixa polos seguintes motivos:

A Directiva estará formada polos seguintes cargos

Artigo 9

Os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o cal fosen elixidos seguirán desenvolvendo os seus cargos ata o momento en que se produza a substitución nas súas funcións polos que os substitúan.

Artigo 10

A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine a Presidencia, e á iniciativa ou petición da maioría simple dos seus membros. Quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran á mesma os 2/3 dos seus membros, e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora máis tarde, coa presenza da metade máis un dos seus membros. Para que os seus acordos sexan válidos deben ser tomados pola maioría simple de votos. En caso de empate, o voto da Presidencia será de calidade.

Artigo 11

As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requiran, segundo estes estatutos, a autorización expresa da Asemblea Xeral.

Son obrigacións da Xunta Directiva:

  1. Dirixir, organizar e desenvolver as actividades, levar a xestión económica e administrativa da Asociación, realizando os controis e actos que considere oportunos.
  2. Executar os acordos da Asemblea Xeral.
  3. Formular e someter á aprobación de Asemblea Xeral os balances e contas anuais da Asociación.
  4. Obter os fondos necesarios para facer fronte aos servizos e actividades da Asociación.
  5. Decidir a solicitude de subvencións ou axudas para a obtención de fondos, así como o destino dos mesmos, dando conta aos membros da Asemblea Xeral.
  6. Nomear os responsables das comisións de traballo que se cren para aqueles asuntos que estime convintes.
  7. Manter e utilizar as novas tecnoloxías para a xestión da Asociación, así como os procedementos asinados, consensuados e implantados polas anteriores Xuntas Directivas, e buscar o seu desenvolvemento, atendendo ás esixencias e recomendacións do mercado para este tipo de organizacións, modificando os devanditos procedementos pola aplicación de novos avances tecnolóxicos, sempre que os mesmos supoñan un avance e mellora no bo funcionamento da entidade.
  8. Interpretar os estatutos e os regulamentos de réxime interno da Asociación, así como cumprilos e velar polo seu cumprimento.
  9. Exercer cantas funcións non estean asignadas á Asemblea Xeral.
Son facultades da Xunta Directiva:

  1. Aprobar a memoria xeral de actividades.
  2. Acordar e autorizar, no seu caso, os gastos de representación que se poidan orixinar no transcurso do desenvolvemento dun cargo na Xunta Directiva, e que serán xustificados ante o órgano supremo, que é a Asemblea Xeral. Ademais, os devanditos gastos de representación han de aparecer detallados no balance anual de contas.
  3. Propoñer á Asemblea Xeral a expulsión de socios/as da Asociación.
  4. Tramitar o expediente informativo preceptivo, e se procede, cursar o procedemento sancionador, ratificado pola Xunta Directiva, ao Socio/a expedientado/a, e, ante a negativa dos mesmos, propoñer á Asemblea Xeral a sanción e o motivo da mesma.
  5. Calquera outra facultade que non sexa exclusiva da Asemblea Xeral, sempre que beneficie de maneira lícita á Asociación.
  6. Contratar as persoas físicas ou xurídicas que se crean pertinentes para a mellor realización dos fins da Asociación, incluíndo o seu custo nos orzamentos

Artigo 12

A Presidencia terá as seguintes atribucións:

  1. Representar a Asociación ante toda clase de autoridades, tribunais e organismos públicos ou privados.
  2. Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións de ambas.
  3. Ordenar pagos e/ou autorizar coa súa firma os devanditos pagos, os documentos, as actas e a correspondencia da Asociación.
  4. Coordinar a Xunta Directiva.
  5. Supervisar as actas das sesións e vixiar a execución dos acordos adoptados na Asemblea Xeral e na Xunta Directiva.
  6. Manter informada das súas xestións a Xunta Directiva.
  7. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
  8. Calquera outra función de interese para a execución dos fins da Asociación.
  9. Subscribir contratos a nome da Asociación outorgando poderes a terceiros, interpoñer os recursos pertinentes, aceptar donativos e legados, exercitar accións e opoñer excepcións.

Artigo 13

A Vicepresidencia substituirá a Presidencia en ausencia desta, e terá as mesmas atribucións que ela.

Artigo 14

A Secretaría terá as seguintes funcións:

  1. Dirixir os traballos puramente administrativos da Asociación.
  2. Levantar acta das sesións da Asemblea Xeral e Xunta Directiva, que asinará co Visto e Prace da Presidencia. Debendo enviar un resumo do tratado en cada sesión aos membros da Xunta, cando se trate de reunións de Xunta Directiva, e aos socios/as no caso das Asembleas Xerais.
  3. Manter e actualizar o libro de Socios/as, Actas, Patrimonio e aqueloutros libros da Asociación que sexan legalmente establecidos.
  4. Expedir certificados co Visto e Prace da Presidencia.
  5. Arquivar, manter e custodiar a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre os acordos da Xunta Directiva, así como a presentación da memoria anual e dos plans de actividades e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente corresponda.
  6. Xestionar a inscrición e notificación dos acordos validamente adoptados ante os correspondentes Rexistros e Autoridades.
  7. Autorizar, coa súa firma e a da Tesourería, os pagos oportunos que ordene a Presidencia.
  8. Manter informada das súas xestións a Xunta Directiva.

Artigo 15

A Tesourería terá as seguintes funcións:

  1. Recadar e custodiar os fondos pertencentes á Asociación.
  2. Autorizar coa súa firma, xunto coa da Presidencia e/ou Secretaría, os pagos da entidade.
  3. Preparar os orzamentos anuais de ingresos e gastos en colaboración coa Xunta Directiva.
  4. Confeccionar a contabilidade da Asociación.
  5. Manter e actualizar o libro de contas e aqueloutros libros da Asociación de ámbito económico que sexan legalmente establecidos.
  6. Manter informada das súas xestións a Xunta Directiva.
  7. Emitir informes sobre asuntos económicos e financeiros da Asociación.
  8. Procurar e aceptar os cobros que a Presidencia ordene.
  9. Preparar as contas de liquidación de orzamentos e balances de situación da Asociación antes do 31 de marzo do seguinte exercicio.

Artigo 16

Os vogalías terán obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a Xunta Directiva lles encomenden.

Artigo 17

As vacantes da Xunta Directiva que se produzan durante o mandato, no caso das vogalías, serán liquidadas por medio da decisión que tome a Directiva, mentres que no caso de que se produza na propia Directiva será cuberta polo membro ou membros da mesma que esta designe ata a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para o efecto, podendo, en caso necesario, delegar nun vogal as funcións administrativas vacantes, eximíndoo da responsabilidade do cargo.