CAPÍTULO III. ASEMBLEA XERAL
Artigo 18
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada pola Directiva e todos os socios/as con dereito a voto. A Presidencia e Secretaría da Asemblea serán as mesmas que na Xunta Directiva.
Artigo 19
As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias.
Artigo 20
A Asemblea Xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, será convocada con 15 días de antelación mediante anuncios no domicilio social, citación persoal ou outros medios escritos (redes sociais, medios informáticos, correo postal, etc.), que garantan o coñecemento da convocatoria, expresando o lugar, día e hora das reunións, así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar.
A Asemblea Xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, quedará validamente constituída cando concorran, en primeira convocatoria, a metade máis un dos socios/as con dereito a voto; e en segunda convocatoria, co número de asistentes presentes ou representados na Asemblea. Entre a primeira e a segunda convocatoria deberá mediar como mínimo media hora
Os acordos tomaranse por maioría simple, cando os votos afirmativos superen os negativos, non sendo computables a estes efectos os votos nulos, en branco nin as abstencións.
Será necesaria a maioría cualificada dos socios/a con dereito a voto, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade dos votos emitidos, para:
Artigo 21
Son facultades da Asemblea Xeral Ordinaria:
Artigo 22
Corresponde á Asemblea Extraordinaria: