CAPÍTULO IV. SOCIOS
Artigo 23
Poderán ser socios/as titulares da Asociación todas aquelas persoas maiores de idade con capacidade de obrar que o soliciten á Xunta Directiva.
Artigo 24
Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios/as:
Artigo 25
Os/as socios/as causarán baixa por algunha das causas seguintes:
a) Por renuncia voluntaria. Comunicada por escrito á Xunta Directiva, cun prazo de 30 días previos ao paso das cotas, no caso de non ser socios/as beneficiarios/as
b) Por incumprimento das obrigas económicas, previa reclamación fidedigna das mesmas.
c) Por causa legal ou estatutaria.
d) Por calquera circunstancia que poida derivar en intentos de desestabilización da Asociación. A instrución do expediente correspondería á Xunta Directiva.
A expulsión dos/das socios/as nos supostos b), c) e d) será acordada pola Xunta Directiva, despois da audiencia do interesado/as. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a Xurisdición ordinaria.
Artigo 26
Os/as socios/as terán os seguintes dereitos:
a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación no cumprimento dos seus fins.
b) Gozar de todos os servizos que a Asociación poida ter.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto, e con voz no caso dos/as socios/as beneficiarios/as.
d) Ser electores e elixibles para os cargos da Xunta Directiva. En caso de que sexa para formar parte da Directiva, ademais, é condición indispensable ser maior de idade e ter unha antigüidade mínima de seis meses desde a data de alta na Asociación ata a data da celebración das eleccións.
e) Recibir información sobre os acordos tomados polos órganos da Asociación.
f) Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde ao mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Artigo 27
Serán obrigas dos/as socios/as:
a) Cumprir os presentes Estatutos, os regulamentos de réxime interno e os acordos válidos da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
b) Aboar, no caso dos/as socios/as numerarios/as, as cotas que se fixen.
c) Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.
d) Non danar a imaxe da Asociación.
e) Poñer en coñecemento da Xunta Directiva calquera situación, ao seu xuízo, inxusta, que atente contra as boas relacións dentro da Asociación.
Artigo 28
Os conflitos que se poidan presentar no ámbito de actuación da Asociación, e que non sexan resoltos no seo da mesma, poderán ser elevados, previamente á vía xudicial, ao ámbito de mecanismos extraxudiciais de resolución de conflitos, establecidos polas Administracións públicas.