CAP͍TULO V. R͉XIME ECONÓMICO E FINANCEIRO

Artigo 29

Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins da Asociación serán os seguintes:

a) As cotas que satisfagan os/as socios/as.

b) As subvencións, doazóns, legados ou herdanzas que puidese recibir de forma legal por parte de asociacións, institucións públicas ou privadas, ou de terceiras persoas.

c) Calquera outra achega lícita

Artigo 30

O patrimonio fundacional da Asociación o 21 de abril de 1988 é de 1352,28 ?.

Artigo 31

O exercicio económico será anual. O seu inicio terá lugar o 1 de agosto e o seu peche o 31 de xullo do ano seguinte ao seu comezo.