CAPÍTULO VI. DISOLUCIÓN

Artigo 32

A Asociación disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada para o efecto, por unha maioría cualificada dos/as socios/as con dereito a voto, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade dos votos emitidos.

Artigo 33

En caso de disolución nomearase unha comisión liquidadora a cal, unha vez extinguidas as débedas e se existise sobrante líquido ou patrimonial, destinarano a doazóns a outras entidades análogas que non desvirtúen a súa natureza non lucrativa.