O local da Asociación Cultural Tanxedoira encóntrase no Barrio das Flores, na rúa Azahar, 6-8 Baixo.
Vaise no vehículo, a forma máis sinxela de acceder é entrar pola ronda de Camilo José Cela e tomar o 2 desvío á esquerda (se vén dende a Avenida de Monelos) ou tomar o 2 desvío á dereita (se vén dende Matogrande). Ao final da costa á man esquerda, verá un pasadizo. Aí encóntrase o noso local.
Se pola contra, desexa camiñar un pouco, pode acceder pola mesma rúa que se viñese en coche ou ben atravesar o Barrio das Flores. O local encóntrase un pouco máis abaixo cara á dereita do parque do Barrio das Flores aínda que tamén pode acceder ao mesmo dende a rúa Orquideas (caleixón do Gadis). Perto de onde estaba o antigo ambulatorio, hoxe actualmente o Centro para Sindrome de Down.
Se opta por vir en autobús, tome a liña 4 e báixese na parada do bar Din-Don. Ou tamén tome a liña 1 ou a 15 e báixese na primeira parada da Avenida Monelos unha vez teña pasado o cruce con Camilo Jose Cela.