Grupo de baile "Cousa de Meigas"

O grupo de danza Cousa de Meigas é un grupo formado por parte das alumnas das clases de baile impartidas na A. C. Tanxedoira.

O xerme da idea residiu en ir vivir a experiencia do Certame Internacional Vigo Porté 2023, aínda sabendo que o nivel deste evento é incrible e que este era un grupo afeccionado de nova formación.

En xaneiro de 2023 empezáronse a preparar a contrarreloxo coreografías para a súa presentación o 1 de maio. En 4 meses, 6 persoas marabillosas, sen experiencia, que xamais tiñan pisado un escenario e cunha media de idade de 49 anos, aprenderon 2 córeos desde cero (e aceptaron o reto de preparar a parte do Opening de Vigo Porté en 7 días).

A experiencia foi MARABILLOSA e foi o inicio do que agora é: un grupo de bailarinas dirixidas pola nosa monitora Rosa (a maioría sen experiencia nin profesionalidade) cunha paixón pola danza inmensurable, con corpos, formas físicas, niveis técnicos, formas de pensar e idades DIVERSAS.

Porque esa é a esencia deste grupo: DANZA LIBRE DE ESTEREÓTIPOS E CHEA DE PAIXÓN.

Cada idea, cada reto, cada coreo e cada vestiario ideado pola directora é POSTO EN COMÚN, DEBATIDO e CONSENSUADO con todas e cada unha dos seus compoñentes co obxectivo primordial de que todas e cada unha delas (cos seus corpos, as súas doenzas, os seus gustos e preferenzas...) se sinta CÓMODA e FELIZ facendo e compartindo o que máis lles gusta, que é DANZAR.

Despois da marabillosa experiencia vivida en Vigo Portè, o grupo colaborou co noso grupo de teatro, na súa actuación no Centro Social Sacra Familia (dentro do Ciclo de Teatro de Hogueras de San Juan) encargándose da parte danzada da Zarzuela "Los Claveles".

Derivado desta colaboración, tamén participou en varios eventos da Asociación Hogueras de San Juan da Coruña: o 31 de maio no Aquelarre Poético no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) e o 29 de xuño no Ciclo Nocturno de Danza no Parrote da Coruña.

O 3 de xuño tamén colaboraron coa Plataforma DiversidArte e a organización Poten100mos, xunto coa Escola de Danza Carmen, no Flashmob pola Diversidade realizado na Mariña da Coruña.

En resumo, a esencia deste grupo é ben sinxela: "A danza é O LINGUAXE DA ALMA, a danza non entende de idade nin de forma física?DANZA sempre que queiras, sempre que poidas, sempre que o sintas? a DANZA É EXPRESIÓN, EMOCIÓN, PAIXÓN?A DANZA É VIDA"

VIVA AS MEIGAS E...LUMEEE!