O Grupo de Teatro Tanxedoira nace no curso 2003-2004 no Festival de Fin de Curso da Asociación, en que un grupo de matrimonios e amigos deciden pasalo ben. Fan o seu debut coa obra Vecinos ruidosos, conseguindo arrancar sorrisos do público.
No ano 2006 representan no Fórum Metropolitano a zarzuela La Dolorosa, con música en play-back e coa colaboración do grupo de Jotas da Casa de Aragón da Coruña. En outubro do mesmo ano representan esta obra no Teatro Rosalía de Castro con motivo do día Internación das Persoas Maiores.
En xuño de 2009 volven representar esta zarzuela no colexio Dominicos no programa de Hogueras de San Juan. No mesmo mes representan La tabernera del puerto no colexio Calvo Sotelo (A Coruña), levándoa a cabo tamén no ano 2010 no Fórum Metropolitano dentro do programa de Hogueras de San Juan
En maio de 2011 estrean a súa nova montaxe no Fórum Metropolitano, no marco do L aniversario de Hogueras de San Juan, unha comedia de Jorge Llopis: Enriqueta sí, Enriqueta no.
Durante o ano 2012 o grupo representou esta última obra na XIII Mostra de Teatro Afeccionado de Arteixo no centro cívico desta localidade e no XV Certame de Teatro Afeccionado Candilejas-Don Bosco, celebrado no Centro Calvo Sotelo (A Coruña).
En maio de 2012 representan no Fórum Metropolitano, máis unha vez dentro do programa de Hogueras de San Juan, a obra La ciudad no es para mí coa colaboración do Grupo de Jotas da Casa de Aragón.
En maio de 2013, coincidindo co XXXV aniversario da Asociación Cultural Tanxedoira e o X do Grupo de Teatro Tanxedoira, estrean no centro cívico dos Mallos unha antoloxía das súas mellores obras, a cal leva por título Pinceladas de humor. Esta peza foi representada posteriormente dentro do programa de Hogueras de San Juan no Fórum Metropolitano.
Neste mesmo ano tamén participan no XVI Certame de Teatro Afeccionado Candilejas-Don Bosco, celebrado no Centro Calvo Sotelo (A Coruña), coa obra La ciudad no es para mí.
Durante o ano 2014 participan no Festival Benéfico Juan Bonal e no Certame de Curtametraxes "Por amor al arte" coa montaxe Pinceladas de humor. Neste mesmo ano, representaron a obra Los ladrones somos gente honrada dentro do programa Hogueras de San Juan, no Centro Social Sagrada Familia (A Coruña), e no XVII Certame de Teatro Afeccionado Candilejas-Don Bosco, no colexio Calvo Sotelo (A Coruña).
No ano 2015 presentaron dúas obras novas: a primeira, Mi mujer es el fontanero, que estrearon dentro do programa Hogueras de San Juan, e que tamén foi representada no XVIII Certame de Teatro Afeccionado Candilejas-Don Bosco (A Coruña). Tamén tiveron o enorme pracer de representala no mes de xullo no Teatro Colón.
Durante o ano 2016, representan a obra ¿Y quién nos manda hacer teatro? no Certame candilejas Don Bosco (A Coruña), e no Centro Social Sagrada Familia (A Coruña) dentro do programa de Hogueras de San Juan. Tamén foron convidados a representala nas Escolas de Santaballa (Lugo).
No ano 2017 representan a obra Hoy todo son líos no Certame de teatro Afeccionado candilejas Don Bosco e tamén no programa de Hogueras de San Juan.
O Grupo de Teatro Tanxedoira, tamén ten representado varios fragmentos das súas obras en diversos Centros de la Terceira Idade, como son a Residencia Padre Rubinos, Sar-Quavitae (Matogrande), Residencia El Remanso, Centro de Día de Cáritas, La Obra de la Señora, Residencia Orpea, Residencia Sanitas e Residencia Caser.
No ano 2018 representan a Zarzuela Agua, azucarillos y aguardiente no programa de Hogueras de San Juan 2018 no Centro Social Sagrada Familia; no Certame de teatro do XL aniversario de Tanxedoira, no Centro Cívico dos Mallos; no Centro de servicios múltiples do Burgo dentro do ?Festival Benéfico Juan Bonal?; e, por último, no teatro do Centro Ágora da Coruña.
No ano 2019 representan no Centro Social Sacra Familia dentro do programa de Hogueras de San Juan, Recuerdos de Zarzuelas, unha antoloxía das mellores pezas de tres zarzuelas representadas anteriormente: La Dolorosa, La tabernera del puerto e Agua, azucarillos y aguardiente. Tamén no mesmo ano actúan na Residencia Domus VI de Oleiros cuns fragmentos da zarzuela Agua, azucarillos y aguardiente.
Durante o período da pandemia derivada da Covid-19 non puideron levar a cabo ningunha representación.
No ano 2022 representan no Centro Cívico do Castrillón por dúas veces a zarzuela Los Claveles.
No ano 2023 representan algúns fragmentos da zarzuela Agua, azucarillos y aguardiente en diversas residencias de maiores, como son a Residencia de Maiores da Xunta (Oleiros), Residencia Domus VI (Matogrande), Residencia de Maiores A Milagrosa (Elviña) e Residencia de Maiores García Irmáns (Betanzos).
Actualmente, están a preparar a zarzuela Gigantes y Cabezudos coa integración dos diversos grupos da Asociación: Rondalla Tanxedoria, Coro Tanxedoira e Grupo de Baile Cousas de Meigas, alén de contar coa colaboración da Casa de Aragón na Coruña.